Sección bilingüe de lingua alemá no Conservatorio Superior de Música da Coruña.


08 Nov, 2019

DOGORDE do 28 de outubro de 2019 pola que se autoriza a posta en marcha, con carácter experimental, dunha sección bilingüe de lingua alemá no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo, a Orde do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües e Orde do 30 de xullo de 2015, solicita a implantación dunha sección bilingüe de lingua alemá.

A experiencia educativa que se autoriza estará encadrada dentro das ensinanzas artísticas superiores reguladas no Decreto 163/2015, do 29 de outubro, así como no Decreto 171/2016, do 24 de novembro, para o ámbito das ensinanzas superiores de música.

O número de alumnado mínimo para desenvolver a sección bilingüe será o mesmo que o establecido para a súa impartición na lingua cooficial, regulado polo artigo 22 do Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

O profesorado implicado no proxecto de sección bilingüe deberá ser especialista da materia, ter destino no centro e acreditar a súa competencia na lingua estranxeira co certificado B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.

 A coordinación da sección bilingüe corresponderá a un/unha docente participante no proxecto.

O profesorado participante na sección bilingüe poderá ter, en función da súa dispoñibilidade horaria, ata un máximo de dúas horas lectivas semanais destinadas ás actividades de coordinación, avaliación e atención ao programa.

O proxecto terá unha duración de dous cursos académicos, prorrogables en períodos de dous cursos académicos logo do informe favorable do servizo de Inspección Educativa emitido, tendo en conta a adecuación ás condicións e obxectivos indicados na súa posta en marcha e a permanencia das circunstancias que xustificaron a súa implantación.