Concurso de Traslados Xeral 2019/20 entre persoal funcionario docente


21 Out, 2019

DOGORDE do 8 de outubro de 2019 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación.

*** ENLACE á toda a documentación relevante: xubilacións, táboas de puntuación de corte 18/19, catálogos e mais.

 

Nas especialidades de Educación Infantil, Primaria, Ciencias Sociais –Xeografía e Historia– do corpo de mestres, nas de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e en todas as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario referentes á formación profesional específica e en todas as especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e en todas as especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, será requisito imprescindible estar en posesión do certificado de lingua galega (Celga 4), ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou ter o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinannzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos entenderase que reúnen este requisito os que superasen, no ano que accederon á fase de prácticas, a proba de coñecementos de lingua galega no procedemento selectivo de acceso

A instancia cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt.

INSTRUCCIÓNS para poder particpar no concurso xeral de traslados.

Poderá solicitar prazas correspondentes a esta convocatoria o persoal funcionario dependente doutras administracións educativas sempre que cumpra os requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Estes funcionarios ou funcionarias deberán ter obtido o seu primeiro destino definitivo no ámbito de xestión da Administración educativa á cal se circunscribía a convocatoria pola cal foron seleccionados e, ademais, que transcorresen ao final do presente curso académico 2019/20, polo menos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

Para facer efectiva a participación deberán achegar á Subdirección Xeral de Recursos Humanos un certificado ou a documentación acreditativa do corpo o que se pertence, especialidade ou especialidades de que se é titular, causa de acceso e data de toma de posesión do último destino definitivo, e puntuación obtida no concurso-oposición.

Con estes datos a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional facilitará á persoa interesada unha conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es que lle permitirá facer a solicitude e as alegacións dos méritos conforme o establecido no número 5 da base vixésima da presente convocatoria.

Aínda cando se concurse por máis dunha especialidade ou se soliciten prazas de diferentes administracións educativas, o persoal concursante presentará unha única instancia, que se poderá imprimir e descargar unha vez cubertos os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince (15) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Todos os requisitos de participación, sen prexuízo do establecido na base común décimo terceira, así como os méritos alegados se deben reunir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

***O persoal participante no concurso que alegue méritos nos números 6.1 e 6.3 do anexo XVI ou no número 4.1 do anexo XVII imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e xunto cos documentos xustificativos remitiraa, dentro do prazo establecido na base común vixésimo terceira, á comisión avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa da Vesada, San Lázaro 107, código postal 15703.

O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude non poderá exceder das 400 peticións nos corpos de ensino secundario e 500 no corpo de mestres, aínda que estas poderán ser a centro e/ou localidades, como se específica no punto anterior.

Cando a persoa participante estea obrigada a obter destino, de acordo coas normas desta convocatoria, no caso de non obter adxudicación entre as prazas consignadas voluntariamente, pasarase a tentar a adxudicación de oficio, para o cal a aplicación informática de resolución do concurso xerará tantas peticións como resulte de combinar as táboas para a adxudicación de oficio, referidas a ámbitos territoriais, especialidades, vernáculos e bilingüismo.

Reclamacións ás resolucións provisionais, a través do órgano en que presentou a súa solicitude de participación, no prazo de dez (10) hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería.

Consideradas as reclamacións e renuncias a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditará as Resolucións definitivas destes concursos de traslados. A citada resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web desta consellería (www.edu.xunta.es/). As prazas adxudicadas na citada resolución son irrenunciables.