Resolución da convocatoria RADIO NA BIBLIO


07 Out, 2019

WEBResolución da convocatoria do programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a Resolución de 7 de outubro de 2019 pola que se dá a coñecer a relación de centros que se incorporan ao programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020, así como os centros que continúan no programa xunto coas asignacións concedidas para o desenvolvemento das actuacións previstas na convocatoria de 3 de setembro de 2019.

 

Todas as bibliotecas participantes deberán entregar ao finalizar o curso unha breve memoria das actividades desenvolvidas (máximo 2 páxinas e até 5 imaxes anexas). Así mesmo, achegarán unha produción sonora elaborada polo alumnado no contexto do proxecto “Radio na biblio”, acompañada dunha descrición do proceso debidamente documentado (contexto, contido, tarefas, guión, participantes...), para a súa difusión nun espazo web específico que se creará a tal efecto.

O prazo para a presentación da memoria e dos materiais referidos rematará o 10 de xullo de 2020. Xunto coa memoria entregarase unha xustificación económica segundo modelo que se facilitará previamente. Toda esta documentación deberá remitirse en formato PDF a través do seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=radionabiblio1920/memoria.Coa mesma data cubrirase o formulario web para recoller datos de valoración do proxecto que lles será remitido, coas instrucións pertinentes, desde esta Dirección Xeral (Asesoría de bibliotecas escolares).