Corpo de Mestres - aberto o prazo para novas habilitacións de Funcionarios/as de Carreira


04 Set, 2019

WEB - Adquisición de novas ESPECIALIDADES polo persoal FUNCIONARIO DE CARREIRA do Corpo de Mestres

Durante o mes de setembro estará aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 270, do 9 de novembro) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de setembro ata o día 30 de setembro de 2019 (Orde do 10 de xaneiro de 2012 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, DOG nº 14, do 20 de xaneiro)

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de Primaria: Teléfonos:981 545 495 - 981 544 487 ou ben a través do correo electrónico   persoal.primaria@edu.xunta.es

Relación de preguntas máis frecuentes sobre o procedemento