Convocatoria do Programa CUALE 2019 en CPI, IES e CIFP


06 Mai, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 22 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/20.

Co obxecto realizar a convocatoria para o curso 2019/20 de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Que a regulación e convocatoria de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/20 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: http://www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Os centros que desexen implantar o programa CUALE deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos –no programa correspondente CUALE–. 

Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2019.