Rede de Centros Plurilingües - convocatoria para o curso 2019/20


10 Abr, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2019/20.

Co obxecto de estender o Programa de plurilingüismo a novos centros na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria, para o curso 2019/20, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolve anunciar:

Primeiro 

Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no Programa de ensinanzas plurilingües na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria para o curso 2019/20.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2019 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. 

Terceiro

Que os centros que desexen impartir o Programa de plurilingüismo deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.