Xuntas Provinciais e Autonómica de directores e directoras de centros de ensino


07 Mar, 2019

DOGORDE do 26 de febreiro de 2019 pola que se regula a composición e o funcionamento das xuntas provinciais e da Xunta Autonómica de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario.

As xuntas provinciais de directores e directoras de centros de ensino non universitario configúranse como a canle institucional de participación e colaboración en materia educativa, que terán como función específica a representación das direccións dos centros, a función consultiva e o asesoramento naquelas decisións da Administración educativa que incidan nos aspectos organizativos e nos de funcionamento dos indicados centros, sempre que non interfiran nas competencias atribuídas regulamentariamente a outros órganos.

Cada xunta provincial de directores e directoras de centros de ensino non universitario estará presidida pola persoa titular da xefatura territorial e con dúas persoas inspectoras de Educación e segundo as provincias:

a) Na Xunta Provincial de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario da Coruña elixiranse 14 persoas directoras; sete persoas directoras de institutos de ensino secundario, ensinanzas de réxime especial e centros integrados de formación profesional, e sete persoas directoras de centros de educación infantil e primaria, educación infantil, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e educación permanente de adultos.

b) Na Xunta Provincial de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario de Lugo elixiranse 10 persoas directoras; cinco persoas directoras de institutos de ensino secundario, ensinanzas de réxime especial e centros integrados de formación profesional, e cinco persoas directoras de centros de educación infantil e primaria, educación infantil, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e educación permanente de adultos.

c) Na Xunta Provincial de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario de Ourense elixiranse 10 persoas directoras; cinco persoas directoras de institutos de ensino secundario, ensinanzas de réxime especial e centros integrados de formación profesional, e cinco persoas directoras de centros de educación infantil e primaria, educación infantil, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e educación permanente de adultos.

d) Na Xunta Provincial de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario de Pontevedra elixiranse 14 persoas directoras; sete persoas directoras de institutos de ensino secundario, ensinanzas de réxime especial e centros integrados de formación profesional, e sete persoas directoras de centros de educación infantil e primaria, educación infantil, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e educación permanente de adultos.

O sistema de elección será electrónico e adoptaranse as medidas necesarias para garantir de forma plena a confidencialidade do voto.

O mandato dos membros elixibles das xuntas provinciais será de catro anos, con posibilidade de reelección por unha soa vez, salvo no suposto previsto no número 1 do artigo 8.

Artigo 8. Renovación

1. Dous anos despois de que se constitúan as xuntas provinciais, levarase a cabo a súa renovación parcial, en que serán substituídas a metade das persoas representantes das direccións de institutos de ensino secundario, ensinanzas de réxime especial e centros integrados de formación profesional, e a metade das persoas representantes das direccións de centros de educación infantil e primaria, educación infantil, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e educación permanente de adultos. As persoas representantes substituídas serán as que obtiveron o menor número de votos nas eleccións.

2. Dous anos despois desta renovación parcial, substituiranse os compoñentes das xuntas provinciais non substituídos na renovación parcial anteriormente citada.

 A Xunta Autonómica de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da consellería con competencias en materia de educación, que a presidirá.

b) As persoas titulares das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo que a presidencia determine, que actuarán como vogais.

c) Catro persoas directoras pertencentes a cada una das xuntas provinciais, dúas delas representantes de institutos de ensino secundario, ensinanzas de réxime especial e centros integrados de formación profesional, e outras dúas representantes de centros de educación infantil e primaria, educación infantil, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e educación permanente de adultos, que actuarán todas elas como vogais.