Convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística


14 Xan, 2019

WEB  - Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018/2019.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 15 de febreiro de 2019.​

Convocatoria

Anexo I - Solicitude

Anexo II - Descripción do proxecto

Anexo III - Ficha resumo

Anexo IV - Datos do profesorado

Anexo V - Certificación da dirección do centro

Anexo VI - Declaración outras axudas

Anexo VII - Criterios de valoración

Anexo VIII - Guión para a Memoria