O Decreto 120/1998, do 23 de abril (DOG do 27 de abril), regula a orientación educativa e profesional e o perfil profesional debe responder ao dun profesional con formación e experiencia que lle permita desenvolver as funcións establecidas no artigo 18 da Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo), pola que se establece a organización e o funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998.
Debido á existencia de prazas definitivas vacantes no cadro de persoal dos equipos de orientación específicos, cómpre proceder a realizar a súa oferta pública.
- Poderá participar neste concurso o persoal funcionario de carreira do corpo de profesorado de ensino secundario e contar cun mínimo de tres anos de experiencia nunha praza directamente relacionada co posto a que se aspira (orientación educativa).
- Os méritos que figuran no anexo III, relativo ao baremo.
- Presentar o proxecto a que se fai referencia no artigo 5.2.c).
A solicitude, así como a documentación a que se alude no punto 2 deste artigo, dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación, incluído o proxecto de traballo sinalado no artigo 5.2.c), será de 30 días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As persoas interesadas, ou os seus representantes legais, poderán retirar a documentación achegada para acreditar os méritos alegados, unha vez transcorridos tres meses desde a publicación da resolución definitiva desta convocatoria, e deberán presentarlle a correspondente solicitude ao presidente da comisión de selección