Reclamación da devolución por prestación de Maternidade


26 Out, 2018

1º A Axencia Tributaria informa de que nos próximos días habilitará un formulario ou procedemento específico de solicitude, para que as empregadas públicas que percibisen estas prestacións nos anos 2014, 2015, 2016 e 2017 poidan solicitar a rectificación da declaración de IRPF na que incluísen tales rendas quen recibise prestacións por maternidade no prazo dos 4 anos anteriores á data en que se inicie o procedemento.

2º O 23 de outubro, a Axencia Tributaria colga un modelo de solicitude de devolución que logo descolga polo que, dende ANPE aconsellamos agardar, sempre e cando non se esgoten os prazos, porque será mais fácil e rápida a reclamación por esta vía. ENLACE

Con respecto a este ano 2018:

- As docentes que finalizaron o permiso de maternidade suxeito a retención  a AT ofrecerá na vindeira campaña os datos fiscais incorporando tales prestacións como rentas exentas e plenamente deducibles.

- As docentes que estean a cobrar a prestación por maternidade neste 2018 que comproben se lle están a practicar a retención do IRPF, se así fóra deberían presentar unha solicitude perante o INSS en como ten dereito a percibir a prestación por maternidade exenta de IRPF.