Concurso específico de ORIENTACION no Corpo de Mestres


24 Out, 2018

Ante as continuas peticións de ANPE Galicia tendo en conta os postos que ainda quedan sen cubrir  e as vacantes do CADP, a Consellería confirmou a Convocatoria do Concurso de Traslados de Orientación Específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria para o ano 2019.

Ainda que tamén solicitamos Concurso de adultos pola demanda recurrente do profesorado ano tras ano, a Consellería non o vai convocar.