Mediante a Resolución do 13 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 21 de xuño), fíxose público o anuncio da convocatoria pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), para o curso 2018/19.
A disposición décimo terceira da resolución desta convocatoria establece que o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ditará unha resolución que conteña a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Primeiro. Publicar a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) no curso 2018/19, así como os ciclos formativos autorizados.
Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.