O Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, fixou as exixencias mínimas do nivel básico para os efectos de certificación e o currículo básico dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 dos idiomas impartidos nas escolas oficiais de idiomas.
Así mesmo, o Decreto 81/2018, do 19 de xullo, estableceu o currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Facer pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas a partir do curso escolar 2018/19, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.
2. Incluír a oferta de cursos de linguaxe administrativa galega (LAG) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que terán carácter gratuíto, e que se impartirán nas escolas oficiais de idiomas, de acordo coas directrices que estableza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.