ANPE solicita unha REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN TOTAL de todas as listas de substitucións


02 Out, 2018

ANPE presenta un escrito dirixido á Dirección Xeral reclamando un REVISIÓN e ACTUALIZACIÓN total de todas as listas de substitución así como a APERTURA daquelas que están a piques de esgotarse para dispor do profesorado necesario para a cobertura en tempo e forma de todas aquelas substitucións que vaian xurdindo ben por baixas, reduccións,excedencias...

Sabemos e saben que a apertura de lista de substitución conleva unhos prazos inevitables que se alongarían no tempo co consiguente perxuicio para os centros e o seu alumnado.

Dado que xa no inicio  deste curso estanse a esgotar moitas listas de substitucións, e outras dispoñen dun número  reducido de substitutos con posibilidade de ser chamados para a cobertura de substitucións.
Tendo en conta tamén que esta situación vese agravada en moitas especialidades de Conservatorios, FP, Escolas Oficiais de Idiomas e demais tipos de ensino de réxime especial.
E como queira que desde que se produce a apertura dunha lista ata que esta ten operatividade total, debido aos prazos, transcorre un tempo que soe superar os dous meses nos cales os alumnos non dispoñen da persoa adecuada que imparta docencia.

ENLACE ao ESCRITO