Fondo de Acción Social (FAS) - Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas


01 Out, 2018

DOGRESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Primeiro. Facer públicas as listaxes provisionais das axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública ENLACE

Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Segundo. Contra a resolución provisional dos expedientes os/as interesados/as poderán presentar reclamación e, de ser o caso, emendar os defectos causantes da exclusión provisional, no prazo de dez díaz hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións e achegas de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, no Edificio Administrativo San Caetano, número 1, piso 2º, 15770 Santiago de Compostela.