Ante a proximidade das eleccións sindicais para as xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que teñen como data prevista de votación o 4.12.2018, faise preciso determinar o sistema de permisos para os membros das mesas electorais, interventores e apoderados, así como para os electores en xeral. En consecuencia, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Os membros das mesas coordinadoras provinciais terán permiso retribuído para exercer as súas funcións como tales durante o proceso electoral, desde o 3.10.2018 ao 21.12.2018, ambos incluídos.
Segundo. Os compoñentes das mesas electorais parciais terán dereito, de ser preciso, a permisos polo tempo indispensable para asistir ás xuntas da mesa electoral. Así mesmo, disporán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e a unha redución de cinco horas na súa xornada de traballo do día inmediatamente posterior.
Terceiro. Os apoderados e interventores que designen as candidaturas, se é o caso, terán permiso durante todo o día da votación.
Cuarto. Os electores en xeral terán permiso polo tempo indispensable para exercer o seu dereito ao voto, segundo as instrucións concretas que dite cada órgano d