A Permanente do Consello Escolar do Estado aproba dúas emendas de ANPE sobre 18 e 23 h lectivas,e substitucións do profesorado


19 Set, 2018

Hoxe, a permanente do Consello escolar do Estado aproba dúas propostas de ANPE relacionadas co proxecto de decreto de derrogación do 14/2102. A primeira foi que o horario máximo de xornada lectiva será de 18 horas para corpos de secundaria e de 23 horas para o profesorado de infantil e primaria. Tamén se aprobou unha emenda de ANPE no sentido de que a substitucións que se produzan e as baixas sexan atendidas inmediatamente, desde xa, incluído este curso, unha vez que se aprobe o texto definitivo. ANPE reclama á Consellería de Educación a articulación destas medidas en Galicia, xunto con outras peticións, no marco da negociación aberta na Mesa Sectorial.