Relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas


18 Set, 2018

DOGRESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Primeiro. Facer pública como anexo desta resolución a relación de aspirantes que superaron o procedemento selectivo de acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, ordenados por especialidade e número de orde.

Segundo.- Os destinos que obteñan as persoas aspirantes que se relacionan no anexo desta resolución terán carácter provisional. De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, as persoas que ingresen en virtude desta convocatoria deberán obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 39.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, as persoas que accedan por este procedemento estarán exentas da realización da fase de prácticas. Verificado que as persoas que o superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas das persoas que accederon ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, para o seu nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de carreira.

Cuarto. Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.