A Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro (BOE do 29 de decembro), establece os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas.
As persoas que posúan unha titulación declarada equivalente para os efectos de docencia nas ensinanzas de formación profesional e deportivas e queiran exercer a docencia nelas, deberán ter unha certificación oficial que acredite estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica equivalente á exixida no artigo 100 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.
Os estudos conducentes a esta certificación oficial deberán cumprir cos requisitos que se sinalan nos artigos da Orde EDU/2645/2011: terán unha duración de 60 créditos europeos e incluirán un módulo de practicum.
Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do practicum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta ao enderezo do centro que rexistrará a todos os interesados, na aplicación Xade seguindo o itinerario: Profesorado→Datos profesionais→Traballo no centro, onde existirán dúas opcións: coordinador practicum curso especialización FP e voluntario para titorizar practicum curso especialización FP.
Ademais, a persoa directora do centro, ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos, ou da secretaría asinarán e remitirán ao enderezo formacion.fprofe@edu.xunta.es unha listaxe coas persoas que participan, e que poderán obter directamente da aplicación Xade.
O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán 15 días hábiles de prazo de solicitude.