Resumo da Mesa Sectorial - Concurso de traslados, Modificación CADP e Concurso EOE


05 Set, 2018

ANPE informa do resumo dos temas tratados na primeira mesa sectorial do curso que comenza: LER RESUMO COMPLETO

ORDE DO 4 DE SETEMBRO DE 2018 POLA QUE SE ENGADE UNHA DISPOSICIÓN TRANSITORIA Á ORDE DO 7 DE XUÑO DE 2018, POLA QUE SE DITAN NORMAS PARA A ADXUDICACIÓN DE DESTINO PROVISIONAL

PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO DE TRASLADOS ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DOCENTE

PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO DE MÉRITOS PARA CUBRIR POSTOS NOS EQUIPOS DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICOS  

 ROGOS E PREGUNTAS de ANPE

  • ANPE Galicia demanda coñecer o antes posible a Oferta de Emprego Público 2019 por especialidades para que os opositores e as opositoras poidan preparar os procesos selectivos con máis garantías. A Administración resposta que debe agardarse a que se asente o curso para valorar a incidencia dos últimos procesos selectivos e poder, en función desta, elaborar una OEP.
  • ANPE Galicia volve a demandar a ampliación do permiso de paternidade a 20 semanas e a súa equiparación co permiso de maternidade.
  • ANPE Galicia demanda a creación da figura de Enfermería Escolar que se vaia introducindo de xeito paulatino nos centros educativos comezando por aqueles con alumnado con necesidades específicas.
  • Desde ANPE Galicia demandamos o cese inmediato do recorte nas retribucións do profesorado en situación de Incapacidade Temporal así como, a reducción do horario lectivo para todo o profesorado e, polo tanto, a paralización de todos os recortes recollidos no RDL 14/2012. Solicitamos unha Mesa Técnica o antes posible para negociar as medidas para reverter ditos recortes recollidos no citado Real Decreto Lei.
  • ANPE demanda coñecer a situación actual do recoñecemento como servizos prestados das vacacións pagadas e non desfrutadas. A Administración está traballando conxuntamente coas Xefaturas Territoriais e tratarán que estea todo funcionando a partir de Xaneiro (recoñecemento automático e modificación das datas de trienios, sexenios, etc).
  • Con respecto á obrigatoriedade do curso de formación para a función directiva que se esixe a partir de agora para acceder á Dirección dos centros e que se recolle no R.D 894/2014 do 17 de outubro, desde ANPE queremos coñecer se a Administración ten algunha previsión de realización de ditos cursos, como van a funcionar e se van estar accesibles para todo o profesorado. A Administración resposta que se está a traballar nel e que se levará a cabo o presente curso escolar.
  • Denunciar a situación dun docente sen especialidade na Escolar Superior de Arte Dramático de Vigo, así como os problemas co inspector do centro.
  • ANPE solicita tamén unha reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos para valorar o comezo do curso e o resultado e incidencia dos últimos procesos selectivos. A Administración estudará a proposta para convocar dita Comisión.
  • ANPE demanda novamente a restitución do cobro dos meses de verán para os substitutos que traballen máis de 5,5 meses durante o curso escolar.