Modificación de UNIDADES E POSTOS DE TRABALLO docentes dos centros públicos de infantil, primaria e ed.especial


30 Xul, 2018

DOG - ORDE do 16 de xullo de 2018 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

– Escolas infantís, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria e centros públicos integrados que se detallan no anexo I.

– Centros de educación especial que se relacionan no anexo II.

– Colexios rurais agrupados, relacionados no anexo III.

– Suprimir os centros que se relacionan no anexo IV desta orde.

Aos centros que como consecuencia das modificacións que se sinalan no artigo primeiro incrementen o número de postos de traballo, aplicaráselles o establecido na Orde do 30 de marzo de 1992, pola que se regula a mobilidade dos docentes.

Así mesmo, aplicarase o Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo.