QUE DEBES FACER SE SUPERAS O CONCURSO-OPOSICIÓN E ACADAS UNHA PRAZA?


20 Xul, 2018

ANPE Informa _ Aprobaches e conseguiches unha praza? NORABOA!

1. Disfruta do momento porque o único urxente e obrigatorio que terás que facer será CUBRIR O CADP (Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais) nun prazo de 2 hábiles dende o día seguinte á publicación na web de oposicións.

Debes entrar no seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.es/cadp(A petición faise usando a conta de correo de EDU.XUNTA.ES . Se nunca traballache para a  Consellería, recibirás un mail para activala. Dende este momento é moi importante esta conta de correo electrónico xa que será o canle de comunicación da Consellería (avisos, notificacións, tomas de posesión etc).

Unha vez dentro, si tés dúbidas, chámanos ou acércate polas nosas sedes e responderemos ás túas dúbidas.

2. Finalizado este proceso, disfruta duns días de descanso xa que a ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN non terás que facela ata que se publique a lista de aprobados no DOG sobre mediados/finais de agosto.  Hai un prazo de 20 DÍAS naturais desde o día seguinte a esa publicación para presentar POR MEDIOS ELECTRÓNICO dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:
 * Certificado médico.
 * Declaración responsable (segundo o Anexo que aparece na orde de convocatoria).
 * Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais , agás no suposto de ter autorizado na instancia a consulta de datos do Rexistro Central de delincuentes sexuais.

3. Toma de posesión no centro educativo ( Mestres a 1 de setembro e resto de Corpos 17 de setembro).

4. Darte de alta obrigatoriamente en MUFACE (a mutualidade dos funcionarios para elexir entidade médica). Deberás acudir á oficina provincial mais cercana: Consulta as direccións e teléfonos das sedes provinciais

Unha vez alí deberás elexir entidade sanitaria ( Seguridade Social ou Entidades privadas concertadas como DKV, Adeslas ou ASISA) no seguinte enlace verás os cadros médicos orientativos: Catálogos de entidades de seguro de asistencia sanitaria

CALQUERA DÚBIDA, CONTACTA CON NÓS: SOMOS DOCENTES