AVISO - CADP
Lembrade que hoxe, 17 de xullo, é o último día para participar no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais.
Os aprobados con praza dos procesos selectivos teñen 2 días hábiles dende o día seguinte á publicación na páxina web de aprobados
CORPO DE MESTRES
1. A data previsible de resolución provisional é o 27 de xullo de 2018.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é de dous (2) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal e por medios electrónicos en sed.xunta.gal.
2. A data previsible da adxudicación definitiva é o 3 de agosto de 2018.
CORPOS DE SECUNDARIA
1. A data previsible de resolución provisional é o 31 de xullo de 2018.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é dende o día seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal ata o 3 de setembro de 2018.
2. A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal é o o 11 de setembro de 2018.