Listaxe definitiva de admitidos e excluídos de comisións de servizos por motivos de saúde


11 Xul, 2018

WEB - Resolución definitiva de admitidos e de excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2018/2019.

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

Resolución definitiva asinada

Listaxe definitiva de Mestres

Listaxe definitiva de Secundaria

Listaxe definitiva de Relixión

Anexo definitivo de solicitudes excluídas do profesorado

Contra esta resolución,que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.gal de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso Administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa