OPOSICIONS 2017 - Aptos na Fase de Prácticas


03 Xul, 2018

DOG - ORDE do 21 de xuño de 2018 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril), agás a Santiago José Cruz Muñoz, a Santiago Eduardo Pato Rodríguez e a Vanesa María Villar García, os tres do corpo de mestres, por teren concedido todos eles o aprazamento da fase de prácticas, e a Noelia María Galán Rodríguez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Inglés, e a María Eulalia Agrelo Costas, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Lingua e Literatura Galega, xa que ambos tamén teñen concedido o aprazamento da fase de prácticas.

Segundo. Declarar apta na fase de prácticas e aprobada definitivamente a opositora do corpo de mestres Cristina Campos Alonso que completou a fase de prácticas e que fora seleccionada no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Terceiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os opositores Rubén Figueroa Sestelo do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, e Rafael López García do corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, que tiñan concedido aprazamento da fase de prácticas e que foron seleccionados no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).