Convocatoria do Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais ((CADP) para o curso académico 2018/19


26 Xun, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

O prazo para formular solicitudes, que se presentarán do xeito que establece o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, é de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

ENLACE para PARTICIPAR

ENLACE á aplicación CENTROSEDUCATIVOS (para calcular distancias so desde o móvil ou tablet)

As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda, e por especialidades e orde de prioridade, publicaranse no enderezo da internet www.edu.xunta.gal o 2 de xullo de 2018. Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para presentar reclamacións. Transcorrido este prazo publicarase a lista definitiva do persoal docente que ten a obriga de participar. A data previsible de publicación da lista definitiva é o 26 de xullo de 2018.

CORPO DE MESTRES 

1. A data previsible de resolución provisional é o 27 de xullo de 2018. 

O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é de dous (2) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal e por medios electrónicos en sed.xunta.gal.

2. A data previsible da adxudicación definitiva é o 3 de agosto de 2018.

CORPOS DE SECUNDARIA

1. A data previsible de resolución provisional é o 31 de xullo de 2018.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é dende o día seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal ata o 3 de setembro de 2018.

2. A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal é o o 11 de setembro de 2018.