Postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia


26 Xun, 2018

DOG RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 26 de abril de 2018.

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 26 de abril de 2018, unha vez vistos os informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros de profesores dos centros integrados, tal e como establece o punto 2 do artigo quinto da citada orde.

O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xullo de 2018 incluído.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro.