Prórroga do proxecto experimental para a incorporación de alumnado con NEE


21 Xun, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de prórroga do proxecto experimental para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

Con data do 25 de maio de 2018, a Dirección do Conservatorio Profesional de Música da Coruña presentou unha nova solicitude de renovación ante esta dirección xeral.

Emitido informe favorable da comisión de seguimento con data do 6 de xuño de 2018, con base na adecuación do proxecto ás condicións e obxectivos indicados na súa posta en marcha, e na permanencia das circunstancias que xustificaron a súa implantación.

Prorrogar, por un período de dous anos, o proxecto experimental para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de Música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.