Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 57, do 21 de marzo de 2018, é necesario efectuar as seguintes correccións:
No anexo V, páxina 16582, onde di: «Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica das cales a persoa aspirante escollerá unha, que pola súa vez poderá constar de varias partes», debe dicir: «Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica das cales a persoa aspirante escollerá unha, que pola súa vez poderá constar de varias partes, agás na proba de identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía, na cal os tribunais proporán unha soa opción»; e na páxina 16594 na especialidade de Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico, onde di: «– Determinación de parámetros habituais físicos, químicos, bioquímicos, hematolóxicos, inmunolóxicos e microbiolóxicos en mostras de sangue», debe dicir: «– Determinación de parámetros habituais físicos, químicos, bioquímicos, hematolóxicos, inmunolóxicos e microbiolóxicos en mostras de líquidos biolóxicos humanos».
No anexo XI, rúbrica da segunda proba da fase de oposición – A (programación didáctica), na páxina 16610, no cadro correspondente a corpo, onde figura «591» debe aparecer en branco; e na páxina 16612, onde di: «J. Medidas de atención á diversidade», debe dicir: «J. Calidade da defensa/exposición oral»; e na rúbrica da segunda proba da fase de oposición – B (unidade didáctica) no cadro correspondente a corpo, onde figura «591» debe aparecer en branco.