Resumo da Mesa Sectorial_Asesorías e Addenda de interinos


05 Xun, 2018

MS - Resumo da Mesa Sectorial sobre Asesorías CAFI e CEFORE e modificación da Addenda de interinos

- En primeiro lugar, desde ANPE Galicia manifestamos a nosa queixa polo feito de que estas dúas Ordes non teñan pasado antes pola Mesa Sectorial o que vai a imposibilitar que as prazas que se cubran poidan xerar vacantes para a súa provisión no CADP e se teñan que cubrir unha vez comezado o curso por profesorado substituto

- Desde ANPE Galicia queremos chamar a atención da Administración sobre o feito de que o profesorado nos centros educativos non coñece a obriga de que o CADP se ten que presentar na sede electrónica. Desde ANPE estamos facendo un esforzo importante por informar aos docentes pero, consideramos que debe ser a Administración a que alerte ao profesorado, e faga unha campaña informativa concienzuda para que obteñan o DNI electrónico ou a Chave 365.

- PETICIÓN DE ANPE entregada por Rexistro: COBRO DE VERÁN PARA OS SUBSTITUTOS QUE LEVEN TRABALLANDO MAIS DE 5 MESES E MEDIO

 

Desde ANPE Galicia defendemos que o profesorado que leva anos traballando non perda o seu traballo por un erro debido á implementación dun sistema de matriculación novidoso e pouco informado. Por este motivo e por responsabilidade, apoiamos a Addenda presentada e aproveitamos para entregar un escrito á Administración para demandar o cobro dos meses de verán para o profesorado substituto que acredite traballar durante 5,5 meses no curso escolar. Despois do pronunciamento da Avogada Xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ANPE demanda que os substitutos docentes que presten durante polo menos 5,5 meses de servizos este curso 2017/2018 cobren XA este verán. Hai que ter en conta que ante tres cuestións prexudiciais plantexadas polo TSJ de Castela-A Mancha ao Tribunal da Unión Europea, todas elas relacionadas cos ceses do profesorado interino nos meses de verán desde o curso 2011/2012, a Avogada Xeral propón ao Tribunal de Xustiza de Luxemburgo que, na súa futura sentenza, declare oposto ao dereito da Unión Europea a “práctica nacional conforme a cal os docentes nomeados en calidade de funcionarios interinos, e no sentido do Dereito Español, para todo un curso escolar son cesados ao finalizar o período lectivo, mentres que a relación de servizo dos traballadores fixos comparables a estes efectos se mantén, non quedando tampouco en suspenso”. Sinala tamén a Avogada Xeral que a práctica española adoece de falta de transparencia xa que o cese dos funcionarios interinos ao comezo das vacacións de verán contravén un acordo de 10 de marzo de 1994, alcanzado entre a Dirección Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio Español de Educación e Ciencia e ANPE.

             Por ese motivo demandamos que despois de catro cursos incumprindo a suspensión de dous anos autorizada polo Consello da Xunta de xuño de 2012, do apartado duodécimo da addenda asinada no 2006 e das conclusións da Avogada Xeral do TUE, se proceda a nomear polo mes de xullo e polos días de agosto que procedan unha vez deducidos os que se aboen por vacacións, ao persoal substituto docente que preste polo menos cinco meses e medio de servizos no curso 2017-2018.

- Rogos e Preguntas

Obrigatoriedade do curso de formación para a función directiva.

Desde ANPE demandamos o cese da redución das retribucións nas situación de IT.

ANPE Galicia volve a demandar a ampliación do permiso de paternidade a 20 semanas e a súa equiparación co permiso de paternidade.

ANPE Galicia demanda a creación da figura de Enfermería Escolar.

Presidentes de tribunais de oposición que repiten sexan rotados e asignados a un tribunal diferente ao do ano pasado.