COBRO do verán para o profesorado SUBSTITUTO


05 Xun, 2018

MS_COBRO DO VERÁN PARA O PROFESORADO SUBSTITUTO

ANPE Galicia demanda, por escrito,que os substitutos que acrediten polo menos 5,5 meses de servizo cobren XA este verán.

Despois do pronunciamento da Avogada Xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que denuncia á discriminación que supón o incumprimento do acordo de 1994 entre ANPE e o MECD, cremos que non caben xa máis excusas nin dilacións.