Corrección de erros - Procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas


05 Xun, 2018

DOG - CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 20648, no punto terceiro in fine da base sétima: Órganos de selección, onde di:

«– Catro vogais, designados/as directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre persoal pertencente ao corpo de inspectores de Educación, e catedráticos ou profesores titulares de universidade, preferentemente que posúan unha titulación superior de música».

Debe dicir:

«– Catro vogais, designados/as directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre persoal pertencente ao corpo de inspectores de Educación, e catedráticos ou profesores titulares de universidade ou de escolas universitarias, preferentemente que posúan unha titulación superior de música».