ANPE segue a considerar insuficiente a nova proposta


01 Xun, 2018

A última proposta da Administración é de suba de 75€ mensuais en catro prazos (1/10/18 - 10€, 1/01/19 15€, 1/01/20 - 25€, 1/01/21 - 25€).

ANPE segue a considerar inaceptables os prazos e insuficiente esta nova proposta pero, sí debemos chegar a un acordo que mellore as condición retributivas do profesorado galego e camiñe hacia a homologación retributiva co resto de CCAA. Durante o receso revisando as táboas, os acordos anteriores e para non contribuir ao bloqueo da negociación decidimos baixar a 115€ pero, mantendo os dous prazos (1/07/18 - 60€ e 1/01/19 - 55€).

ANPE denuncia o pouco talante negociador da Administración que nos fai dudar do interese da mesma por acadar un acordo.
A Mesa continuará o vindeiro xoves 7 de xuño.