Reorganización de centros docentes públicos en determinadas localidades.


01 Xun, 2018

DOG - DECRETO 56/2018, do 9 de maio, de reorganización de centros docentes públicos en determinadas localidades: Culleredo e Soutomaior.

A racional distribución das ensinanzas impartidas nos centros docentes de educación infantil e primaria do Concello de Culleredo (A Coruña) e a mellora da atención das necesidades educativas existentes fai precisa a creación dun novo colexio de educación infantil e primaria (CEIP), pois trátase dunha zona con moi alta demanda de prazas escolares. Esta actuación mellora as condicións de escolarización na localidade e permite que tanto o alumnado do novo centro como o dos xa existentes dispoñan de máis espazo para as actividades docentes.

>> Créase o colexio de educación infantil e primaria (CEIP) de Culleredo (código 15033149), con capacidade para 6 unidades de educación infantil e 12 unidades de educación primaria.

A consecución destes mesmos obxectivos persegue a actuación no Concello de Soutomaior (Pontevedra), consistente na creación dun novo instituto de educación secundaria (IES), en que se escolarizará o alumnado de educación secundaria obrigatoria do centro público integrado (CPI) Manuel Padín Truiteiro, do mesmo concello; así mesmo, o novo IES ofertará ensinanzas de bacharelato nas modalidades de ciencias e humanidades e ciencias sociais. Como consecuencia desta actuación, o CPI transfórmase nun CEIP.

>> Créase o instituto de educación secundaria (IES) de Soutomaior (código 36024987) en que se impartirán as ensinanzas de Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades Bacharelato, modalidades de ciencias e humanidades e ciencias sociais: 4 unidades.

>> O centro público integrado (CPI) Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior (código 36009172), transfórmase nun CEIP con capacidade para 6 unidades de educación infantil e 12 unidades de educación primaria.

Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro:

a) O persoal docente do corpo de mestres adscrito a prazas de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria e o profesorado de ensino secundario que estea adscrito con carácter definitivo a postos de traballo docentes de educación secundaria obrigatoria no CPI Manuel Padín Truiteiro quedará adscrito definitivamente ao novo IES de Soutomaior.

b) O persoal docente do corpo de mestres adscrito con carácter definitivo ao CPI Manuel Padín Truiteiro en postos de educación infantil e primaria quedará adscrito definitivamente ao CEIP Manuel Padín Truiteiro.

c) O persoal funcionario docente que se adscriba aos centros manterá, para todos os efectos, a antigüidade que posuía no centro de orixe.