O Conselleiro estudará o informe europeo que lle da a razón a ANPE sobre o cobro do verán dos substitutos


02 Xun, 2018

NP - O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou onte que estudará con detemento, a proposta da avogada xeral da Unión Europea ao Tribunal de Xustiza de Luxemburgo, na súa futura sentenza, en relación ao trato desfavorable ao profesorado interino durante os meses de verán que desde o curso 2011-2012 vén dando en Castela A Mancha. O sindicato ANPE chegara a un acordo en 1994 coa Dirección Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio de Educación e Ciencia, aplicable tamén á Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.

"A Avogada Xeral sinala ademais que a práctica española adoece de falta de transparencia nun dobre sentido: por unha banda, o cesamento dos funcionarios interinos ao comezo das vacacións de verán contraviene un acordo do 10 de marzo de 1994, alcanzado entre a Dirección Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio español de Educación e Ciencia e o sindicato ANPE..." "O referido acordo establecía que os funcionarios interinos debían ser mantidos nos seus postos durante o verán se ao 30 de xuño prestasen servizos durante polo menos cinco meses e medio."

ANPE, como único asinante do devandito Acordo, veu denunciando en todos os foros, incluído nos tribunais, a vixencia do noso Acordo de 1994 para o cobro dos meses de verán por parte do profesorado interino con máis de cinco meses e medio de nomeamento ao 30 de xuño. Tras varios anos loitando por recuperar o devandito Acordo, celebramos que se abra unha vía esperanzadora tras coñecer as conclusións da Avogada Xeral do TUE.

ANPE espera que a sentenza que emita o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo confirme e ratifique as conclusións da Avogada Xeral do TUE, o que tería unha gran importancia e relevancia para o profesorado interinos de toda España ao dar validez ao Acordo de ANPE- MECD de 1994 sobre o nomeamento do profesorado interino nos meses de verán e que viña sendo de aplicación en moitas Comunidades Autónomas.

ENLACE á noticia de Cinco Días - Legal