Resolución das axudas aos proxectos de fomento do galego


29 Mai, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 (código de procedemento ED101C).

O secretario xeral de Política Lingüística é competente para resolver o expediente, segundo o establecido na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 27, do 8 de febreiro), en relación co procedemento de resolución das axudas establecido na base décimo terceira da convocatoria.

De acordo con todo o indicado, con base na proposta emitida pola Comisión Central de Cualificación,

RESOLVO:

Aceptar a proposta presentada pola comisión en todo o seu contido e conceder as axudas nos termos que figuran como anexo a esta resolución, no cal se inclúe, por provincias, a relación de centros admitidos, coa indicación da puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación de centros excluídos, coa indicación das causas que determinaron a súa exclusión.