Comisión de servizos por CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL


24 Mai, 2018

WEB - Comisións de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral

ACCESO AO CADP

 Para as comisións de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar laboral correspondentes ao curso escolar 2018/19, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 23 de maio e o 5 de xuño de 2018, ambos incluídos.

  Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Lembrade tamén que é obrigatoria entregar a instancia na sede electrónica para o que será necesario dispoñer de DNI electrónico ou chave365.

  *** Unha vez cubertos todos os apartados do CADP e despois de premer a opción VALIDAR, automáticamente esta aplicación levará á de xunta.gal para terminar o proceso de petición de COMISIÓN DE CONCILIA  a través da sede electrónica. Aqueles que teñan que adxuntar documentación farano neste momento.

 Calquera aclaración a este respecto, irémola colgando nesta WEB e nas Redes Sociais.

Calquera dúbida ao respecto, contactade con ANPE.

ORDE do 23 de febreiro de 2018 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A)

ORDE do 3 de abril de 2018 pola que se modifica a Orde do 23 de febreiro de 2018 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A) (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).