WEB - Comisións de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral
Para as comisións de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar laboral correspondentes ao curso escolar 2018/19, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 23 de maio e o 5 de xuño de 2018, ambos incluídos.
Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.
Lembrade tamén que é obrigatoria entregar a instancia na sede electrónica para o que será necesario dispoñer de DNI electrónico ou chave365.
*** Unha vez cubertos todos os apartados do CADP e despois de premer a opción VALIDAR, automáticamente esta aplicación levará á de xunta.gal para terminar o proceso de petición de COMISIÓN DE CONCILIA a través da sede electrónica. Aqueles que teñan que adxuntar documentación farano neste momento.
Calquera aclaración a este respecto, irémola colgando nesta WEB e nas Redes Sociais.
Calquera dúbida ao respecto, contactade con ANPE.