OPOSICIÓNS IMPORTANTE - Solucionado o problema co pago das TAXAS


23 Mai, 2018

ANPE informa:

Ante as xestións realizadas por ANPE Galicia na Consellería, responsables da mesma veñen de confirmarnos que a todas aquelas persoas que xeraron unha instancia en www.edu.xunta.es/oposicions e non lles figura o pago de taxas a Administración lles vai a permitir efectuar un novo pago.

Seguimos a traballar para solucionar o resto de casuísticas.

"No caso de que unha das causas de exclusión sexa a relativa ao aboamento dos dereitos de exame (taxa), as persoas excluídas poderán realizar no prazo indicado o aboamento que corresponda e formular a reclamación do xeito indicado anteriormente, acreditando o pagamento e/ou achegar a documentación acreditativa da exención ou bonificación. Para realizar o aboamento da taxa deberá acudir á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/), apartado "cidadáns" e en "pago de taxas e prezos" picar na icona "iniciar taxa" e elixir a opción de pagamento que considere oportuna. Deberá indicar o importe que corresponda e os códigos que se indican na base 3.8 da convocatoria. Logo do pagamento da taxa, deberá escanar o xustificante e xuntalo ao realizar a reclamación.

Lémbrase que non está permitida a presentación de reclamacións por calquera outro medio que non sexa o indicado anteriormente"

https://www.edu.xunta.es/oposicions/#P_1