Instrucións para o desenvolvemento, no curso 2018/19, do currículo de ESO e Bacharelato


22 Mai, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A modificación realizada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece unha nova organización da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.

En desenvolvemento normativo posterior, o Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato, estableceu o currículo básico desas dúas etapas.

O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, dítase en exercicio das competencias propias de Galicia no desenvolvemento dos aspectos básicos regulados a nivel estatal.

A Orde do 19 de abril de 2018 regula aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establece medidas que afectan as avaliacións finais de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

O Real decreto 562/2017, do 2 de xuño, regula as condicións para a obtención dos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharel, de acordo co disposto no mencionado Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro.

Este marco normativo fai necesario determinar algunhas medidas en relación coa avaliación e titulación do alumnado que cursa a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia e, de conformidade co exposto, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa