Convocatoria para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/19.


21 Mai, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/19.

Para o obxecto de dar continuidade ao proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2018/19, resolvo anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2018/19.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.