Convocatoria por libre designación de postos de dirección dos CIFP


09 Mai, 2018

DOG - ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.

Artigo 2. Requisitos dos candidatos

Para participar nesta convocatoria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Ter unha antigüidade de, polo menos, tres anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

A solicitude de participación nesta convocatoria dirixirase á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e presentarase no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Os aspirantes deberán xuntar á petición o curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados e xa achegados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais

 

O Consello Social dos centros integrados de formación profesional de Galicia e o claustro de profesorado emitirán informe sobre as candidaturas que se presenten, no prazo dos dez (10) días hábiles seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe terceira desta orde.

3. A non emisión do informe referido no punto anterior non impedirá a resolución do procedemento.

4. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nomeará directores ou directoras aqueles candidatos seleccionados na resolución desta convocatoria.