Corrección de erros - Procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas


07 Mai, 2018

DOG - CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril de 2018, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 20663, no punto primeiro da «Disposición complementaria sétima. Méritos académicos», onde di:

«1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse fotocopia compulsada de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo. Cando os títulos fosen obtidos no estranxeiro ou fosen expedidos por institucións docentes doutros países deberá achegarse, ademais, a correspondente homologación. As titulacións alegadas como requisitos non serán valoradas».

Debe dicir:

«1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse fotocopia compulsada de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo. Cando os títulos fosen obtidos no estranxeiro ou fosen expedidos por institucións docentes doutros países deberá achegarse, ademais, a correspondente homologación».