Borrador da Orde de Calendario Escolar para o curso 2018/19


04 Mai, 2018

MS - Orde do __ de ______ de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No 2.º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro de 2018 e 28 de xuño de 2019, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Artigo 6. Períodos de vacacións
1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.
2. Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.
3. Semana Santa: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2018/19 se celebrará o 7 de decembro de 2018.