A inscrición farase nas secretarías dos conservatorios superiores de Música no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 13 de xuño, ambos os dous incluídos.
Para a formalización das solicitudes de admisión, os conservatorios superiores de Música facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda.