Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2017/18 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementa a información que reciben e orienta a toma de decisións na elaboración de plans de mellora.
Procurarase que as probas sexan aplicadas por mestres e mestras que impartan docencia aos alumnos e alumnas avaliados en áreas que non sexan lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura, e matemáticas. Cando isto non sexa posible, corresponde á comisión de coordinación de avaliación establecida no punto noveno desta resolución seleccionar os mestres e as mestras responsables de aplicar as probas.
A aplicación das probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria realizarase os días 23 e 24 de maio.
No caso de que algún centro non poida realizar algunha das probas nas datas establecidas, por coincidir cun día non lectivo no centro ou por circunstancias sobrevidas que imposibiliten a súa realización, a dirección do centro afectado comunicarao á inspección correspondente cunha antelación mínima de cinco días hábiles ao inicio da proba. A inspección do centro adoptará as medidas necesarias para que se realicen as probas nunha data inmediatamente posterior.
Os centros docentes disporán ata o día 4 de xuño incluído para a corrección da proba e a gravación dos datos.
Oitavo. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo