Concurso de méritos para cubrir a dirección do centro residencial docente de Vigo.


26 Abr, 2018

DOG - ORDE do 5 de abril de 2018 pola que se convoca concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do centro residencial docente de Vigo.

Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2017/18.

Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia en 31 de agosto de 2018 aquel persoal docente que, desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia, accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no vindeiro curso académico.

O prazo para a presentación de instancias para participar nesta convocatoria, dirixidas á Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As persoas que concursen presentarán unha instancia consonte o modelo que se publica como anexo I, xunto cunha folla de autobaremación que aparece como anexo II, e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo III.

Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados que fosen presentados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais.

Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, tendo en conta as características deste, cunha extensión máxima de 30 folios.