Regulación de aspectos relativos á organización das materias do bacharelato


25 Abr, 2018

DOG - ORDE do 19 de abril de 2018 pola que se regulan aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Historia da Filosofía é unha materia troncal de opción do segundo curso na modalidade de bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais que o alumnado pode cursar se a elixe dun grupo de cinco materias. Así mesmo, o alumnado das modalidades de Ciencias e de Artes pode cursar a materia de Historia da Filosofía no segundo curso como materia específica para todos os efectos, de acordo coa oferta que realicen os centros.

Co obxecto de dar cumprimento, no ámbito das súas competencias, ao Acordo parlamentario do 18 de outubro de 2017 respecto da materia de Historia da Filosofía, introdúcense as seguintes adaptacións na normativa que desenvolve o mencionado Decreto 86/2015, do 25 de xuño. A materia Historia da Filosofía seguirá a impartirse en 2º de bacharelato como troncal de opción, e todo o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais a cursará de forma obrigatoria a través dos itinerarios que organicen os centros. E, asemade, todos os alumnos e as alumnas poden escoller esta materia de 2º como específica, pero os centros educativos ofertarana obrigatoriamente para as modalidades de Ciencias y Artes.