Co obxecto de realizar a convocatoria de autorización de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2018/19, esta dirección xeral resolve anunciar:
Primeiro. Que a regulación e convocatoria de incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2018/19 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.gal/portal
Segundo. Que os centros que desexen impartir o programa de seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á cal se accede no enlace
http://www.edu.xunta.es/programaseducativos
Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2018.