Comisións de servizos por motivos de saúde (2018)
Prazos de solicitudes de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2018/19
+++ Amplíase o primeiro prazo para solicitar unha comisión de servizos por razóns de saúde (para o persoal que non participou no concurso de traslados) ata o 3 de maio de 2018
Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e deseño, e mestres que non participaran no concurso de traslados, e o profesorado interino, profesorado de relixión e profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma.
++ O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde é o comprendido entre o 19 de abril de 2018 e o 3 de maio de 2018, ambos incluídos.
Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e mestres que participaron no concurso de traslados.
Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.
Normativa (DOG 09/05/2007). Corrección de erros (DOG 11/05/2007).
Teléfonos de contacto: Profesorado de secundaria: 981545406, 981545255, 981545409, 981545494, 981545445
Mestres: 981544482 , 981545440 , 981544487, 981957825, 981545495, 981544483
Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es